PROXECTO LIFE-SILFORE - VISITA DOS ALUMNOS DE ENXEÑERÍA FORESTAL Á PARCELA DE MOAÑA

PROXECTO LIFE-SILFORE - VISITA DOS ALUMNOS DE ENXEÑERÍA FORESTAL Á PARCELA DE MOAÑA

PROXECTO LIFE-SILFORE. VISITA DOS ALUMNOS DE ENXEÑERÍA FORESTAL Á PARCELA DE MOAÑA.

O venres 29 de setembro os alumnos de 4º curso do Grao en Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo, campus de Pontevedra, visitaron unha das parcelas demostrativas do proxecto LIFE-Silfore “Cara á conservación e xestión de sistemas agroforestais resilientes a través do silvopastoralismo”. En concreto, os alumnos visitaron a parcela situada no Monte Xaxán (Moaña, Pontevedra), a cal é propiedade da Comunidade de Montes Veciñais en man común (CMVMC) de Santa Eulalia de Meira. Esta comunidade ten unhas parcelas pechadas para a cría da raza autóctona cabra galega. Na visita falouse dos obxectivos que se perseguen co proxecto LIFE-Silfore e das implicacións de xestión que conleva ter gando caprino no monte. Ademais dos alumnos e profesorado da Universidade de Vigo, participaron representantes da propiedade (CMVMC de Santa Eulalia de Meira), da empresa privada e da AGACAL.

O proxecto LIFE-Silfore está enfocado na procura de novos métodos para lograr que as masas forestais das zonas atlánticas e subatlánticas sexan máis resilientes ao cambio climático; centrado na aplicación de medidas silvopastorales para previr incendios forestais, aumentar a biodiversidade e promover o desenvolvemento da economía rural.

Máis información sobre o proxecto en https://neiker.eus/neiker/silfore.