PUBLICACIÓN DUN ARTIGO NA REVISTA INDUSTRIAL CROPS AND PRODUCTS

PUBLICACIÓN DUN ARTIGO NA REVISTA INDUSTRIAL CROPS AND PRODUCTS

Artigo publicado o 30.11.2021 na revista Industrial Crops and Products. An International Journal.

Hoxe o noso equipo de investigadores de Produtos forestais non madeirables de orixe vexetal publican na revista Industrial Crops and Products un relevante artigo titulado: "Modelling resin production distributions for Pinus pinaster Ait. stands in NW Spain” (modelización de distribucións de produción de resina para Pinus pinaster Ait. no noroeste de España).

Nel estúdase a modelización da distribución da produción de resina de Pinus pinaster en Galicia utilizando a función Weibull e o método de recuperación de parámetros baseados en momentos e determínase como estimar a produción, antes da extracción comercial, mediante a mostraxe dun número representativo de árbores.

Máis info: https://authors.elsevier.com/a/1eA893Iipnqbj-