RECOÑECEMENTO DO CIF DE LOURIZÁN COMA CENTRO DE REFERENCIA PARA O CASTAÑO

Esta decisión permitirá recoñecer as diferentes variedades comerciais existentes en Galicia e tamén no resto de España, o que posibilitará unha especialización do sector
A Oficina Española de Variedades Vegetales (OEVV) depende da Subdirección General de Medios de Producción Agrícolas, que á súa vez depende da Dirección de Producción y Medios Agrarios del Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio. A súa función é regular todo o relacionado coa obtención, caracterización e avaliación das variedades vexetais, e a súa inclusión no Rexistro de Variedades (RV).
Os procedementos de inscrición de variedades no RV esixen realizar un exame técnico de comparación con variedades de referencia incluidas na colección de referencia, dacordo co protocolo técnico da OEVV para cada especie, tendo en conta as especificacións internacionais da Unión Internacional para la Protección de las Obtenciones Vegetales (UPOV) e a OCVV. A OEVV do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, necesita a realización de identificacións tanto en laboratorio coma nunha colección de referencia de cada especie, para iso vense apoiando en centros de investigación especializados nunha especie ou grupo de especies, que son os encargados da realización das diferentes probas. En adiante este centro actúa como Centro de Referencia.
Para realizar estas funcións a OEVV establece convenios de colaboración con centros de investigación das CCAA a través do Ministerio de Agricultura Alimentación y Medio Ambiente, para a realización dos traballos relacionados cos preceptivos exames técnicos de identificación varietal de especies determinadas para o rexistro de variedades vexetais. Neste caso o Centro de Investigación de Lourizán foi elexido pola OEVV polos seguintes motivos:
- É o primeiro Centro de España que comenzou a identificación de variedades de castañas, e é o primeiro que solicitou a inscrición de variedades de castaña tradicionais cultivadas en Galicia no Registro de Variedades Comerciales a nivel nacional.
- Ten os equipos e a formación necesarios para realizar as actividades de identificación. O seu laboratorio conta con equipos para realizar PCR e secuenciador de 8 capilares. Con experiencia en técnicas de identificación, e bases de datos de 10 microsatélites para uns 2.500 accesións de castiñeiro.
- Experiencia sobre os descriptores de UPOV para castaño, aplicados tanto a variedades tradicionais como a híbridos interespecíficos.”