RELATORIO DO CIF DE LOURIZÁN NA CONFERENCIA MUNDIAL CELEBRADA EN ROMA SOBRE CIENCIA DE PLANTAS E BIOLOXÍA MOLECULAR

RELATORIO DO CIF DE LOURIZÁN NA CONFERENCIA MUNDIAL CELEBRADA EN ROMA SOBRE CIENCIA DE PLANTAS E BIOLOXÍA MOLECULAR

PONENCIA DEL CIF DE LOURIZÁN EN LA CONFERENCIA MUNDIAL CELEBRADA EN ROMA SOBRE CIENCIA DE PLANTAS Y BIOLOGÍA MOLECULAR

Relatorio en Roma sobre A xenética como ferramenta para controlar a enfermidade do nematodo do pino.

O pasado 20 de septembro celebrouse en Roma a 2nd Global Conference on Plant Science and Molecular Biology, conferencia mundial que versa sobre ciencia de plantas e bioloxía molecular. Raquel Díaz Vázquez, investigadora do CIF de Lourizán, tivo a oportunidade de realizar un relatorio ante os asistentes titulado A xenética como ferramenta para controlar a enfermidade do nematodo do pino (Genetic breeding as a tool to control the pine wilt disease).

Nesta charla resaltouse a importancia da grave enfermidade que ameaza aos pinares de gran parte de Europa, especialmente de España na actualidade, e presentouse o traballo que está desenvolvendo o CIF de Lourizán, donde nos últimos anos estase a traballar intensamente nunha liña de mellora xenética. Desta forma, estase buscando material de Pinus pinaster resistente ou tolerante ao nematodo do pino (Bursaphelenchus xylophilus) para fornecer aos viveiros. Esta nova liña ten como obxectivo empregar a mellora xenética coma método de control da enfermidade causada por este nematodo, o cal está causando graves danos noutros países afectados (Japón, China, Portugal, …). 

https://plant-science-biology-conferences.magnusgroup.org/