A SECF FALLA OS PREMIOS NACIONAIS UNIVERSITARIOS 2017

LA SECF FALLA LOS PREMIOS NACIONALES UNIVERSITARIOS 2017

Dende o ano 2007, a SECF, promove o estudo e o progreso das ciencias e técnicas forestais a través da convocatoria nacional dos seus premios dirixida a estudantes dos distintos niveis de formación universitaria

A Sociedad Española de Ciencias Forestales (SECF), entidade de rango nacional que aglutina ao sector da ciencia forestal representado por profesionais de distintos eidos (universidades, centros de investigación, administracións públicas, empresas…)  deu a coñecer o fallo do xurado que avalía as distintas candidaturas aos Premios Universitarios (2017) nas súas distintas categorías (Tesis Doutoral, Traballo Fin de Carreira, Traballo Fin de Máster).

Os premios aglutinan desde os seus inicios, un importante número de traballos, entre os mellores de todo o ano, que optan a os galardóns nas súas distintas clases.

Este ano, na categoría de Tesis Doutorais, María Menéndez Gutiérrez, investigadora no CIF de Lourizán, obtivo o Accésit pola memoria titulada Resistencia Pinus pinaster Ait. ao murchamento do pino causado por Bursaphelenchus xylophilus (Steiner & Burher), Nickle. (Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo. Directora: Raquel Díaz Vázquez).

Noraboa!