SEGUIMENTO DO PROXECTO DE MELLORA DO CARBALLO GALEGO

Avaliación do desenvolvemento do proxecto “Implantación de rodais selectos mellorados de carballo –Quercus robur– en terreos de titularidade da comunidade autónoma de Galicia”
Representantes da Fundación Juana de Vega, do CIF Lourizán e de Viveiros Costa de Lóngaras reuníronse en Abadín (Lugo) para avaliar o desenvolvemento do proxecto “Implantación de rodais selectos mellorados de carballo –Quercus robur– en terreos de titularidade da comunidade autónoma de Galicia”. O encontro tivo lugar o pasado martes 8 de novembro nas instalacións do citado viveiro, o cal colabora no proxecto xunto co Centro Forestal Rías Baixas (Vilaboa, Pontevedra).
Este proxecto pretende fomentar a posta en valor e mellora da especie, así como promover o uso e aproveitamento do carballo na nosa comunidade, a través do incremento de planta certificada. A iniciativa plasmouse nun convenio de colaboración suscrito entre a Consellería de Medio Rural e a Fundación Juana de Vega en marzo de 2015 e cun horizonte temporal de 2015-2018.
Nestes meses procederase ao arrancado da planta, que está sendo cultivada a raíz desnuda nos viveiros, para situala nas parcelas definitivas de titularidade pública. Un dos obxetivos que se persegue é manter a diversidade do Quercus robur en Galicia creando plantacións con maior diversidade e xuntando materiais xenéticos de diferentes orixes xeográficos dentro da misma zona climática. Búscase tamén mellorar as características forestais do carballo (crecemento, calidade da madeira, resistencia) e, de cara ao futuro, incentivar, mediante a creación dunha oferta privada por parte de viveiros da comunidade, a formación de material vexetal que permita plantar estas árbores en terreos privados ou en intervencións públicas en parques e xardíns urbanos e periurbanos.