SINATURA DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE FERMAGA E O CIF DE LOURIZÁN-AGACAL

SINATURA DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE FERMAGA E O CIF DE LOURIZÁN-AGACAL

SINATURA DUN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE FERMAGA E O CIF DE LOURIZÁN-AGACAL

Desenvolvemento de contacontos escolares e charlas divulgativas centradas na bioeconomía circular

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Bosques, o CIF de Lourizán ven de asinar un convenio de colaboración con FEARMAGA. O obxecto deste convenio é establecer a colaboración entre ámbalas dúas entidades para a organización de, alomenos, 8 actividades de divulgación forestal no CIF de Lourizán-AGACAL. A colaboración inclúe a celebración de sesións de contacontos musicais na modalidade presencial e virtual, levadas a cabo por contacontos profesionais, e charlas divulgativas presenciais sobre a bioeconomía e a aportación da industria forestal, así como a entrega de material divulgativo complementario para as diferentes sesións. 

As sesións de contacontos estarán centradas no conto ‘Os tres porquiños, Maruxa, Xaquín e Fuco difunden a bioeconomía circular’ e estarán dirixidas aos escolares de educación infantil e primeiro ciclo de primaria que visiten o xardín botánico. Esta iniciativa desenvolverase no marco das visitas de escolares que o AGACAL-CIF Lourizán realiza cada ano e a primeira das sesións realizarase o 21 de marzo para celebrar o Día Internacional dos Bosques.