TALLER: MELLORA DA RESILIENCIA AOS INCENDIOS DOS SISTEMAS FORESTAIS MEDITERRÁNEOS

Actividade de transferencia 2023
O vindeiro 22 de Xuño celebrarase no CIF de Lourizán o taller: Mellora da resiliencia aos incendios dos sistemas forestais mediterráneos (ver pdf). Será presentado e dirixido por a doutora Cristina Fernández., Coordinadora do subproxecto ENFIRES-NW
O proxecto busca a mellora da resiliencia aos incendios dos bosques mediterráneos (ENFIRES). Trátase dun proxecto competitivo da Convocatoria 2020 “Proxectos de I+D+i”, no que participan o INIA-CSIC, o CIF-AGACAL, a Universidade de Castela a Mancha e a Universidade de Córdoba.
Os obxectivos do proxecto son:
- A definición de novos criterios para definir a severidade en Eventos Extremos de Lume e o uso do lume como ferramenta de xestión.
- A caracterización da vulnerabilidade dos ecosistemas mediterráneos a través dunha visión ecolóxica e socioeconómica.
- O deseño de aproximacións para incrementar a resiliencia da paisaxe mediante o coñecemento e a provisión de servizos ecosistémicos.
Máis info en: