Taller sobre xestión preventiva dos combustibles forestais: experiencias, resultados da investigación e novas ferramentas

Taller sobre xestión preventiva dos combustibles forestais: experiencias, resultados da investigación e novas ferramentas

Lourizán, 25 de maio de 2016

Celebración no CIF de Lourizán dun Taller sobre distintos tratamentos de combustíbeis

Lourizán, 25 de maio de 2016.- Os vindeiros días 14 e 15 de xuño de 2016 celebrarase no CIF de Lourizán o Taller sobre xestión preventiva dos combustíbeis forestais: experiencias, resultados da investigación e novas ferramentas.

Os tratamentos de combustíbel para diminuír a intensidade do lume, paliar os efectos negativos dos incendios, aumentar a seguridade dos combatentes e mellorar a eficacia dos medios de extinción, están recibindo unha atención preferente na investigación forestal nos últimos anos en diversos países.

Tamén as administracións públicas levan a cabo un esforzo continuado de accións preventivas sobre os combustíbeis, acumulando así uhna notable experiencia sobre a súa xestión técnica.

Estos son os motivos que nos levaron a desenvolver a realización deste taller; poden consultar o programa e o horario aquí