TRES FACTORES PARA O ÉXITO DUNHA PLANTACIÓN DE PIÑEIRO

TRES FACTORES PARA O ÉXITO DUNHA PLANTACIÓN DE PIÑEIRO

Nova publicada na web Campo Galego o 25.10.2019

Como mellorar o rendemento e a calidade das plantacións de piñeiro en Galicia?. Esa é a cuestión que buscan responder unha serie de plantacións de ensaio iniciadas no 2016 polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán, en colaboración coa empresa Finsa.

Logo de tres anos de medicións, o equipo de investigación do Centro chegou a unhas primeiras conclusións sobre factores a ter en conta para mellorar o éxito das plantacions de coníferas, tanto de piñeiro do país (‘Pinus pinaster’) como de piñeiro insigne (‘Pinus radiata’). A investigadora Eva Prada expuxo os resultados que se acadaron ata o de agora nunha xornada organizada polo CIF, que incluíu unha visita a unha das plantacións experimentais de ‘Pinus pinaster’ en Frades. Outras parcelas de ensaio do proxecto ubícanse en Begonte, Dozón, Santiago e Negreira.

O material controlado de Lourizán está xa a disposición dos viveiros galegos, que están iniciando a súa comercialización, e espérase que nos próximos anos o Centro de Investigación continúe coa mellora dos piñeiros, en especial no tendente a lograr plantas resistentes ó nematodo do piñeiro, unha praga que xa afecta ó sur de Pontevedra.

Pode lerse a nova ao completo no seguinte enlace:

http://www.campogalego.com/forestal/tres-factores-para-o-exito-dunha-plantacion-de-pineiro/