UN HORTO SEMENTEIRO DE LALÍN ENTRA NO CATÁLOGO NACIONAL DE MATERIAIS DE BASE

Formado por catro hectáreas de piñeiro do país está situado en Castro de Cabras
O Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, que depende da Consellería de Medio Rural, xestiona un horto de sementes de piñeiro do país ( pinus pinaster), situada na parroquia lalinense de Castro de Cabras. A plantación acaba de ser incorporada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ao catálogo nacional de materiais de base. Con anterioridade, xa fora incluída no correspondente rexistro galego. Ten a categoría de controlado "", o que significa que incorpora a selección xeneética e ofrece garantías de superioridade comprobada.
Este horto sementeiro, que abarca unha superficie de 4,57 hectáreas, permite que as persoas dadas de alta como provedoras poidan sementar sementes, previa notificación á dirección xeral competente en materia forestal, neste caso á de Planificación e Ordenación Forestal da Xunta . Un horto sementeiro é un tipo de material base que consiste nunha plantación na que se favorece unha produción abundante de semente de boa calidade e que ademais, manéxase co fin de facer fácil a súa recollida. Esta semente de categoría controlada garante a superioridade en propiedades de interese, como son o maior crecemento en volume, mellor rectitud do fuste e menor nudosidad.
Pode lerse a nova ao completo no seguinte enlace: