UNHA ESPECIE VEXETAL EN PERIGO CRÍTICO RESISTE Á EXTINCIÓN EN CARBALLO E ZAS

UNA ESPECIE VEGETAL EN PELIGRO CRÍTICO RESISTE A LA EXTINCIÓN EN CARBALLO Y ZAS

A Euphorbia uliginosa forma parte dun estudo do Real Xardín Botánico de Madrid

Dentro dos labores do proxecto Greenalia, o  Dpto. de Ecosistemas forestais do CIF Lourizán localizou ao norte do centro urbano de Zas unha pequena colonia de Euphorbia uliginosa. A Euphorbia uliginosa non é fácil de recoñecer, de feito hai 12 anos a Universidade de Santiago realizou un estudo que sobrestima o tamaño das poboacións galegas, sobre todo porque é fácil confundir a uliginosa coa polygalifolia, bastante máis frecuente.

As perspectivas para a planta non son demasiado boas. En Carballo, onde se atopa a colonia máis numerosa, as localizacións coinciden con xacementos de rocas anfibolitas e non son demasiado boas para a supervivencia da especie. Atópanse fundamentalmente xunto á estrada de Razo e no polígono de Bértoa.

O proxecto no que está implicada esta especie vexetal contrapón os xenomas de plantas ameazadas cunha invasora. Aproveita ademais para realizar unha reevaluación do seu estado de conservación actual, que é desesperado. De feito, hai dous anos, dúas investigadoras desprazáronse a Galicia e non foron capaces de achar a planta, que si atoparon en Portugal, aínda que alí, como ocorre en España, atópase en áreas sumamente pequenas e illadas. 

No estudo que realizan desde o Real Xardín Botánico de Madrid poñen de manifesto a perda da biodiversidade que supón a desaparición de plantas como esta euphorbia. Poden ler a noticia ao completo na seguinte dirección:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2020/07/01/especie-vegetal-peligro-critico-resiste-extincion-carballo-zas/0003_202007C1C5991.htm