WEBINAR: PRESENTACIÓN DO PROXECTO GOForescelta

WEBINAR: PRESENTACIÓN DO PROXECTO GOForescelta
O Grupo Operativo FORESCELTA constitúese para tratar de ofrecer solucións en relación cun aproveitamento complementario dos bosques de frondosas claramente infrautilizados a través dun sistema, extensivo e automatizado, do manexo de gando porcino pertencente a razas autóctonas do tronco celta.
Trátase, en definitiva, de aproveitar as sinerxías existentes entre os dous sectores para por a disposición, tanto dos propietarios forestais como dos gandeiros, uns instrumentos que permitan a creación de rendas adicionais que sirvan de apoio na loita contra o despoboamento.