XORNADA DE PLANTA FORESTAL – GALIFOREST

XORNADA DE PLANTA FORESTAL – GALIFOREST

A multiplicación vexetativa dos piñeiros con mellora xenética acurtará os prazos da súa transferencia ós propietarios

Ata o de agora, os viveiros galegos producían as plantas de piñeiro que se lle vendían ós propietarios a partir de semente, pero o plan trazado pasa por acelerar ese proceso mediante a innovación tecnolóxica.

Coa embrioxénese somática, poderanse seleccionar as mellores sementes para proceder á súa multiplicación; en tanto a creación de campos nai de plantas melloradas permitirá extraer delas estaquillas con capacidade de enraizar.

Este método de traballo de reprodución vexetativa permitirá aumentar a produción de planta mellorada, acurtar os tempos da mellora xenética e acelerar a transferencia de planta con mellora ós propietarios.

Nova ao completo: https://www.fundacionarume.gal/a-multiplicacion-vexetativa-dos-pineiros-con-mellora-xenetica-acurtara-os-prazos-da-sua-transferencia-os-propietarios