XORNADA DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO ForManRisk

No día de hoxe tivo lugar en instalacións do CIF de Lourizán unha xornada de presentación do poyecto ForManRisk. ForManRisk é unha iniciativa de cooperación internacional de investigación e desenvolvemento de métodos e ferramentas para a prevención dos riscos do bosque no contexto actual de cambio climático. Conta para a súa realización cun cofinanciamento de fondos FEDER do Programa INTERREG SUDOE e o seu ámbito de aplicación son rexións do Suroeste de Europa situadas en España, Francia e Portugal.
No proxecto ForManRisk as tarefas non estaban pechadas desde o inicio e cada socio adaptouno ás súas necesidades ou querenzas, dentro do marco xeral do proxecto. O obxectivo xeral era mellorar as técnicas de xestión forestal para os bosques que presentan problemas de rexeneración vinculados ao cambio climático e tamén desenvolver ferramentas que permitan unha mellor prevención do risco de incendios.
Dentro deste proxecto, o papel do CIF de Lourizán foi o de asesorar á Asociación Forestal de Galicia (AFG) en dúas cuestións concretas: piñeirais dunares galegos e achegas de bibliografía e traballo sobre a vulnerabilidade da rexeneración postincendio. Mentres que a AFG ocupouse do desenvolvemento das actividades do proxecto no ámbito de Galicia e de colaborar en todas as cuestións xerais do espazo SUDOE nas que o coordinador da actividade solicitou apoio.
Os traballos concentráronse en 10 bosques piloto da Costa Atlántica e principalmente nos piñeirais e as tarefas principais realizadas pola AFG no ámbito de Galicia foron:
- Estudo de referencias bibliográficas
- Elección e estudo de bosques piloto para a investigación
- Análise da calidade e mortalidade da rexeneración en piñeirais.
- Estudo sobre danos causados pola fauna a P. pinaster.
- Toma de mostras para o estudo do INRAE: envío de material e apoio ás medicións in situ
- Medición e análise da caracterización de diferentes razas atlánticas de P. pinaster.
- Informe sobre o estado dos piñeirais dunares galegos
- Achegas rexionais para a guía transnacional de boas prácticas.