XORNADA PLANTA FORESTAL MELLORADA

Acción de divulgación do CIF de Lourizán
O vindeiro xoves 27 outubro de 11:00 - 17:00h celebrase no CIF de Lourizán – Pontevedra a xornada “Planta forestal mellorada”, encadrada nas accións de divulgación do Convenio de colaboración entre a Conselleria de Medio Rural o AGACAL e a Fundación ARUME.
Trátase dunha mesa redonda onde se abordarán as perspectivas que se poden abrir en Galicia coa planta de piñeiro mellorada xeneticamente, analizando cales son as necesidades do sector viveirísitico e como debe ser a folla de ruta para poder ofertar, o máis axiña posible, esta planta aos silvicultores e propietarios forestais.
A xornada está enfocada para viveiros e empresas de servizo forestal e requerirase a inscrición previa a través do correo electrónico arume [at] fundacionarume.gal.
Poden atopar máis información sobre a xornada no seguinte enlace:
/sites/w_forlou/files/novas/documentos/xornada_27-oct_lourizan.pdf