Vostede está aquí

XORNADA AS POSIBILIDADES DA TÉCNICA DO CULTIVO IN VITRO COMO FERRAMENTA PARA  ACELERAR A TRANSFERENCIA AO SECTOR DE NOVOS  PORTAENXERTOS  ESPECÍFICOS COMPATIBLES COAS VARIEDADES IXP, PARA SOUTOS NOVOS

XORNADA AS POSIBILIDADES DA TÉCNICA DO CULTIVO IN VITRO COMO FERRAMENTA PARA  ACELERAR A TRANSFERENCIA AO SECTOR DE NOVOS  PORTAENXERTOS  ESPECÍFICOS COMPATIBLES COAS VARIEDADES IXP, PARA SOUTOS NOVOS
03 Outubro, 2022

O vindeiro, xoves  20 de outubro as 10: 00h  celebrarase no Centro de Investigación  Forestal de Lourizán a Xornada Técnica: 

As posibilidades da técnica do cultivo in vitro como ferramenta para  acelerar a transferencia ao sector de novos portaenxertos específicos compatibles coas variedades IXP, para soutos novos

Nesta xornada explicarase como o emprego das técnicas de propagación por cultivo in vitro poden acelerar o proceso de transferencia ao sector, de plantas libres de patóxenos e con elevada capacidade de multiplicación vexetativa.

Amosaranse as posibilidades dunha nova xeración de portaenxertos máis prometedores, por dous caracteres: pola maior compatibilidade coas variedades de castaña galegas e, por outra, pola mellor adaptabilidade as condicións climáticas das zonas de destino dos novos soutos.

Ao longo da xornada, tratarase da multiplicación e posibilidades de transferencia dos novos clons destinados a portaenxertos de castiñeiro, seguido dunha visita as instalacións de propagación. Por último, mediante un diálogo aberto, tentarase recoller as aportacións ou as visións dos asistentes sobre a problemática actual, coa finalidade de chegar a unha posta en común que faciliten a colaboración entre profesionais relacionados co mundo do castiñeiro.

Inscricións 

https://forms.gle/Nowh3mqmCEFtuwC97  o ben remitir a infolourizan.mr@xunta.gal os datos seguintes: Nome e apelidos, Entidade. Mail. Dirección. Teléfono de contacto

Descargar Díptico