XORNADA TÉCNICA CRIANZA DO PORCO CELTA NAS CARBALLEIRAS E SOUTOS GALEGOS

Actividade de Transferencia 2021 do CIF de Lourizán
O vindeiro 16 de Outubro, no Centro de Cultura Aula Zenith do Concello de Cenlle (Ourense), celebrarase a Xornada Técnica titulada Crianza do porco celta nas carballeiras e soutos galegos. Expoñerase nesta xornadas os ensaios de porco celta en Carballeira que está a facer o CIF de Lourizán, así como tamén se fará un acercamento a cuestións como: as bases para o deseño de explotacións, os aspectos sanitarios e alimenticios da xestión do porco celta, as experiencias co porco celta nos soutos lucenses e a produción porcina e derivados (caracterización de produtos).
Neste enlace poden descargar información da xornada, contidos e horarios:
/sites/w_forlou/files/novas/diptico_a4-cerdos_22021.pdf