MÉTODO LAMP PARA A DETECCIÓN RÁPIDA DO BURSAPHELENCHUS XYLOPHILUS
“DESENVOLVEMENTO DA METODOLOXÍA DE ANÁLISE MOLECULAR LAMP PARA A DETECCIÓN TEMPERÁ DA ENFERMIDADE DO MURCHAMENTODO PIÑEIRO E OBTENCIÓN DE XENOTIPOS RESISTENTES A ENFERMIDADE” AC2021L-04
Tipo de proxecto
Investigación
Organismo financiador
Acción de Cooperación cofinanciada polo Feader nun 75%, polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 2,5% e pola Comunidade Autónoma de Galicia nun 22,5%. Orzamento total aprobado 96.266,90 euros.
Entidades participantes
Centro de Investigación Forestal de Lourizán, FINSA (axente cooperante)
Período
2021 – 2023
Equipo de investigación
Investigador principal
Raquel Díaz Vázquez
Investigadores participantes

María Menéndez Gutiérrez, Sergio Frade Castro, Esteban Torres Sánchez, Lucía Villar Caamaño

Resumo

Obxectivos:

• Posta a piques dunha metodoloxía de mostraxe rápida para detección de B. xylophilus (kit LAMP).

• Caracterización molecular dos genotipos da poboación de mellora de P. pinaster situados no horto sementeiro da Braxe.

• Avances na resistencia ao nematodo mediante: a) a avaliación da resistencia de familias do programa de mellora xenética de P. pinaster; b) a realización de cruces controlados entre proxenitores de familia catalogados como resistentes; c) a instalación e mantemento dunha parcela de campo con material seleccionado como resistente.

Resultados obtidos:

• Comprobouse o funcionamento do kit LAMP en achas de madeira inoculadas artificialmente en laboratorio e estase comprobando o seu posible uso en plántulas de invernadoiro inoculadas artificialmente.

• Caracterizáronse molecularmente máis de 400 ramets do horto sementeiro da Braxe mediante 12 microsatélites. Isto permitiu ratificar os ramets que realmente son proxenitores de familia resistentes ao nematodo.

• Realizáronse cruces controlados entre proxenitores de familias resistentes a B. xylophilus.

• En colaboración coa empresa FINSA, instalouse unha plantación en campo con piñeiros resistentes ao nematodo (proxenitores de familia).

Descargar