PLAN DE CONSERVACIÓN RE RECUPERACIÓN DE CENTAUREA ULTREIAE NA CONTORNA DO MONTE CASTELO
COLABORACIÓN ENTRE O CENTRO DE INVESTIGACIÓN FORESTAL DE LOURIZÁN (AGACAL), A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC) E A EMPRESA GREENALIA WIND POWER
Tipo de proxecto
Proxecto de investigación aplicada para a elaboración das bases técnicas
Organismo financiador
GREENALIA Wind Power
Entidades participantes
Centro de Investigación Forestal de Lourizán (AGACAL); Grupo de investigación GI-1648 Sistemas Silvopastorales, Lugo (USC); Grupo de investigación GI-1245 AMBIOSOL (USC)
Período
2020 - 2023
Equipo de investigación
Investigador principal
Fº Javier Silva Pando
Investigadores participantes

1)Pilar Furones Pérez, María José Rozados Lorenzo, Marina Bustos Vázquez, Aurea Pazos Pereira, Enrique Diz Dios.

2)María Rosa Mosquera Losada, Dra. Rosa Romero Franco, Dra. María del Pilar González Hernández, dra. Nuria Ferreiro Domínguez, Francisco Javier Rodríguez Rigueiro.

3)Dr. Felipe Macías Vázquez, Dra. Carmen Nieto Olano, Felipe Macías García, Dr. Xose Luis Otero Pérez, Dr. Luis Rodriguez Lado. Dr. Biología, Carmen Pérez Llaguno.

Resumo

O obxecto do presente estudo é:

a) Realizar unha avaliación da situación actual das poboacións de Centaurea ultreiae con anterioridade á posta en funcionamento dos xeradores eólicos.

b) Analizar a diversidade morfolóxica e xenética das poboacións in situ de Centaurea ultreiae e a estabilidade xenética de poboacións ex situ de cultivo in vitro a partir de explantos procedentes de plantas adultas.

c) Efectuar un seguimento das poboacións e realizar unha serie de actuacións necesarias para obter a suficiente información de base científica e técnica para a elaboración do ESTUDO BASEE DO PLAN DE CONSERVACIÓN E RECUPERACIÓN DE CENTAUREA ULTREIAE NA CONTORNA DO MONTE CASTELO e deste xeito dar cumprimento ao disposto no Decreto 88/2007 do 19 de abril, así como do Real Decreto 139/2011 garantir e salvagardar a especie protexida aludida. Este borrador, unha vez avaliado pola DXPN, coas modificacións que considere oportunas, poderá ser tramitado como Plan de acordo á lexislación vixente.

Os traballos para desenvolver inclúen estudos técnicos e científicos nun primeiro momento, para o que haberá que levar a cabo actuacións sobre o terreo e no laboratorio e instalacións ex situ e posteriormente, ela elaboración do borrador do plan de Recuperación no que se expoñerán as conclusións dos estudos realizados e en base a eles adoptaranse as medidas necesarias para a correcta execución do mesmo.

Ante a posible existencia de exemplares de Centaurea ultreiae na zona de traballo dos parques eólicos, neste proxecto incluirase a metodoloxía para seguir, de acordo aos coñecementos actuais sobre a especie e a normativa correspondente, para a súa trasferencia e conservación.

Descargar