PROXECTO FORVALUE: “GESTIÓN INNOVADORA PARA LA VALORIZACIÓN Y RESILIENCIA DEL ESPACIO FORESTAL”
PROXECTO FORVALUE: “XESTIÓN INNOVADORA PARA A VALORIZACIÓN E RESILIENCIA DO ESPAZO FORESTAL”
Tipo de proxecto
Investigación
Organismo financiador
Unión Europea. Programa Interreg Sudoe
Entidades participantes
D.X. de Ordenación e Producción Forestal, Consellería do Medio Rural; Instituto de Estudos do Territorio, Consellería de M.A., Territorio e Vivenda; USC; AFG; CIM – Alto Minho; FORESTIS; IPVC
Período
2018-2021
Equipo de investigación
Investigadores participantes

CIF Lourizán-AGACAL

Resumo

O obxectivo xeral de FORVALUE é aumentar a resiliencia do territorio fronte ao risco de incendios forestais nun contexto de cambio social e climático, a través de:

1. Promover modelos de xestión innovadores no Ecosistema Transfronteirizo xeradores de actividade económica a partir da biomasa producida polo territorio no espazo forestal.

2. Fomentar a implantación de fórmulas asociativas para a xestión da propiedade forestal na área de Cooperación e promover unha estratexia de intervención innovadora “conectada” internacionalmente.

3. Favorecer a coordinación transfronteiriza na planificación e xestión do espazo forestal en materia de valorización e resiliencia a través do uso de novas tecnoloxía

Os principais resultados do proxecto son:

1. Implementación dun conxunto de "casos de éxito" de modelos de xestión nos que se combina a mellora do aproveitamento do espazo forestal e da biomasa coa xeración de emprego e o aproveitamento económico do territorio.

2. Implantación de unidades de xestión forestal (como SOFOR e/ou ZIF) de nova creación sobre o territorio da área de Cooperación con visión transfronteiriza, aliñadas coas estratexias a nivel internacional.

3. Novas estratexias e ferramentas TIC de coordinación transfronteiriza para a planificación e xestión do espazo forestal.

Páxina web do proxecto: https://forvalue.eu/

Descargar