PROXECTO RESIMEC - GRUPO OPERATIVO SUPRAAUTONÓMICO
Esteban Gómez García, Mª Jose Rozados Lorenzo e Enrique Martínez Chamorro
A innovación de novos métodos extractivos que impulsen oleoresinas de maior pureza e con alto valor engadido, pode significar subidas de prezos aos estándares establecidos polas industrias de primeira transformación preexistentes en territorio español. Os aproveitamentos madereiro e resineiro poderían entran en conflicto nas Comunidades Autónomas donde a madeira é o aproveitamento principal. A compatibilidade entre o aproveitamento de resina e a obtención de madeira de calidade pódese conseguir coa implantación dun método de extracción de resina a nivel basal do tronco que consiste en realizar perforacións radiais seguindo o método ‘borehole’ (Hodges & Johnson, 1997) ou o método Eurogem. A recollida da oleorresina realízase en envases insertados directamente na perforación, co que se impide a oxidación e se reducen as perdas da fracción volátil. A búsqueda desta segunda produción, complementaria coa madeira, é tamén distinguible dos outros métodos tradicionais de obtención de oleorresinas e pode desmarcarse dos produtos preexistentes no mercado pola súa maior riqueza.
