Vostede está aquí

Accións urxentes contra a erosión en áreas forestais queimadas

Accións urxentes contra a erosión en áreas forestais queimadas

Os incendios constitúen unha das perturbacións máis frecuentes e importantes que sufren os ecosistemas forestais de Galicia. Para limitar eses riscos requírese desenvolver un plan de continxencia, apoiado nunha serie de actuacións urxentes despois do incendio.

O presente traballo dividiuse en dúas partes. Na primeira, preséntanse as características do risco erosivo-hidrolóxico post-incendio en Galicia e móstrase o contexto temporal no que se inscriben as actividades de emerxencia post-incendio, así coma os condicionantes xerais que afectan á súa planificación. Por último, sinálanse uns puntos clave a ter en conta nesas tarefas. Na segunda parte, desenvólvese unha guía para a planificación e execución dos tratamentos urxentes de limitación do risco hidrolóxico-erosivo.

DESCARGAR