A CERDEIRA GALEGA PARA MADEIRA: SELECCIÓN, CONSERVACIÓN E USOS ACTUAIS

Con este pequeno libro queremos invitar a coñecer os traballos que se veñen desenvolvendo no Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Estes traballos inclúen actividades de conservación de árbores seleccionadas procedentes da zona de distribución natural da especie en Galicia, a multiplicación e avaliación do crecemento e adaptación destas árbores mediante plantacións forestais en diversos puntos de Galicia con solos e climas diferentes e a selección e o rexistro das árbores adecuadas para plantacións forestais. Tamén queremos facer eco das colaboracións que se están a desenvolver con diferentes profesionais e grupos de traballo que están a elaborar as súas pezas con madeira de cerdeira procedente do Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

Descargar