EFICACIA DOS TRATAMENTOS DE ESTABILIZACIÓN DO SOLO DESPOIS DE INCENDIO EN GALICIA

Aínda que as situacións de maior risco para bens e persoas adoitan ter lugar no momento que se está producindo o incendio forestal, cando este é extinguido hai outra serie de cuestións que considerar. Unha das máis críticas é a mitigación do risco hidrolóxico- erosivo que pode implicar outra serie de danos e prexuízos de gran magnitude ecolóxica e económica, aínda que quizá pasen máis desapercibidos para a opinión pública.

A información que se resume neste traballo dá a coñecer o labor de monitoraxe efectuada polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Os resultados obtidos, froito dunha forte conexión entre investigadores e xestores forestais poden axudar a mellorar a xestión do risco hidrolóxico- erosivo asociado aos incendios forestais no futuro e noutras áreas que sofren tamén a secuela dos incendios forestais como Galicia, ao ser ademais presentados no marco dun proxecto internacional que busca mellorar a xestión dos riscos que ameazan ás masas forestais do Sur de Europa.

Recóllense os seguintes datos:

- principais resultados das investigacións efectuadas sobre a efectividade de diferentes técnicas de estabilización do chan para reducir a erosión post-incendio (período 2006-2012)

- aspectos organizativos e outros condicionantes na execución de tratamentos de estabilización de chans post-incendio

- principais resultados do plan de monitoraxe dos tratamentos efectuados no período 2013-2015

Descargar