Vostede está aquí

Novos hortos de semente de piñeiro do país (Pinus pinaster). Avances na mellora xenética.

Novos hortos de semente de piñeiro do país (Pinus pinaster). Avances na mellora xenética.

Dous novos hortos de semente foron incluídos en 2016 no Rexistro Galego de Materiais de Base (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 2016) e no Catálogo Nacional de Materiais de Base (BOE nº145, do 16 de xuño de 2016) para a produción de MFR controlado (etiqueta azul). Estes son o HS de Gomesende (Ourense) e o das Neves (Pontevedra). Ambos os dous foron plantados en 1995 como ensaios de proxenie do programa de mellora do CIF Lourizán. A toma de datos aos 7 e 15 anos de idade nunha serie de ensaios de proxenie deste programa e a análise destes permitiu facer unha selección xenotípica das árbores que debían quedar nos novos hortos. Esta fíxose escollendo os mellores individuos das mellores familias de acordo cun índice de selección baseado nunha serie de caracteres de gran importancia na produción de madeira (crecemento en volume, rectitude do fuste, lonxitude dos entrenós e ángulo de inserción das ramas).

DESCARGAR