Vostede está aquí

PINUS PINASTER RESISTENTES AO NEMATODO DA MADEIRA DO PIÑEIRO

PINUS PINASTER RESISTENTES AO NEMATODO DA MADEIRA DO PIÑEIRO

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF Lourizán) seleccionou un grupo de familias de piñeiro pinaster con alta supervivencia á enfermidade, tras os ensaios realizados no invernadoiro.

Estas familias incluíronse no Catálogo Nacional de Materiais de Base como 6 proxenitores de familias, con códigos PF-Q-26/15/001, PF-Q-26/15/002, PF-Q-26/15/003, PF-Q-26/15/004, PF-Q-26/15/005, PF-Q-26/15/006, o que garante a calidade da súa semente para ser utilizada en plantacións forestais.

Ademais de ser tolerantes ao nematodo, estas familias caracterízanse por presentar unha boa produción de madeira.

DESCARGAR