Biblioteca

Dende a súa creación, o CIF de Lourizán mantén e incrementa unha biblioteca especializada no eido forestal, tendo consciencia de que a mesma é fundamental no desenvolvemento da actividade investigadora. Nestes momentos, contén máis de 13 000 libros, traballos e revistas, tanto na lingua española coma inglesa, ademais de noutras linguas. Entre os xornais científicos, temos os de maior impacto no eido forestal, como Annals of Forest Science, Applied Vegetation Science, Forest Ecology and Management, Forest Science, Forest Systems, Forestry, Journal of Applied Ecology, Journal of Forestry, Scandinavian  Journal of Forest Science, Canadian Journal of Forest Research, International Journal of Wildland Fires, Silva Fennica, Silvae Genetica, Tree Physiology, Trees –Structure and Functions and Western Journal of Applied Forestry. Ademais das revistas activas, pódense consultar revistas xa pechadas ou que das que se suspendeu a  súa subscrición.

Ademáis das revistas citadas, recíbense outras de temas afíns como botánica, ecoloxía, edafoloxía, patoloxía forestal e xenética, entre outros. Tamén están depositadas as actas de moitos congresos e reunións forestais.

Entre os libros existentes, hai algúns antigos procedentes das coleccións dos Servizos Forestais e de donacións de particulares.

Na Biblioteca de Lourizán está depositada a Biblioteca da Sociedade Española de Ciencias Forestais, con máis de 50 revistas de intercambio de Europa e América e os orixinais dos Premios da S.E.C.F., así como diversos orixinais e material.

Un apartado importante é a colección de mapas, fotografías aéreas e revistas de divulgación.

A Biblioteca está catalogada e aberta ao público en horario laboral.