Laboratorio de botánica e ecoloxía

Laboratorio de botánica e ecoloxía

Laboratorio de botánica e ecoloxía
Laboratorio de botánica e ecoloxía
Laboratorio de botánica e ecoloxía

Esta estancia, que dispón de campá extractora, estufa e balanza de precisión, utilízase para determinacións básicas de laboratorio. Tamén dispón de:

  • Dixestor Kjeldahl para determinación de nitróxeno
  • Dixestor para determinación de fibra.

SALA DE LUPAS

Aquí desenvólvense os traballos de identificación de especies vexetais que proceden de parcelas de investigación e de herborizacións levadas a cabo polos investigadores. O material clasificado incorpórase ao herbario LOU.

Está dotada con:

  • Lupas binoculares para taxonomía
  • Colección de claves botánicas que constitúen o material de apoio
  • Equipo de medición de aneis con lupa binocular utilizado en dendrocronoloxía

 

SALA DE PROCESADO DE MOSTRAS VEXETAIS

É a estanza onde se preparan as mostras de biomasa e follaxe para a determinación de produción vexetal. Tamén se montan as pregos do herbario. Dispón de estufas, balanzas e conxeladores.

 

SALA DE ECOFISIOLOXÍA E EQUIPAMENTO DE CAMPO

Os estudos de ecofisioloxía requiren dun equipamento que se aloxa nesta sala. Estes estudos son necesarios na maior parte dos ensaios de selvicultura e de adaptación das especies forestais ao cambio climático.

Os equipos máis destacados dos que se dispoñen son:

  • Analizador portátil de fotosíntese LICOR-6400 con led e inxector de CO2 calíbrase nesta estancia que dispón da instalación de gases necesaria.
  • Analizador da fluorescencia da clorofila Mini-PAM
  • Analizador de dosel arbóreo LAI-2000
  • Analizador de clorofila in situ SPAD

Ademais alóxanse aquí os aparatos de medición en campo: estación total Pentax, equipos de medición láser, forcípulas, pentaprisma, GPS, altímetro, compás, e varios rexistradores e sensores para estudos microclimáticos como sensores PAR, piranómetros, termohigrómetros, termopares.