- Pode visitar o Xardín Botánico calquera persoa ou é necesario pertencer a un grupo?
Pódese visitar o recinto tanto individualmente como en grupo.
As visitas non incluén guía e o acceso é gratuito. - Necesito solicitar con antelación a miña visita ao Xardín Botánico e Arboreto Forestal?
Só debes solicitala con antelación se se trata dun grupo, ou si se queren realizar sesións de fotos ou grabacións dentro do recinto.
O resto de visitantes non deben realizar ningunha solicitude. - Pertencedes a un centro educativo?
Tendes a opción de solicitar unha visita guiada sen custo, o horario sería de luns a venres laborables de 10.00 h. a 13.30 horas, segundo a dispoñiblidade do encargado da visita. - Que medidas de seguridade e comportamento debo seguir durante a miña visita?
Todos os visitantes deben seguir as indicacións dos nosos guías e respectar as sinalizacións e barreiras do xardín, especialmente en áreas con acceso restrinxido. Está permitido acceder con animais de compañía con correa, pero non se permite acampar, realizar picnics e recoller plantas, flores e froitos. - Está permitido o acceso a vehículos dentro do Xardín Botánico e Arboreto Forestal?
Só está permitido para os visitantes que deban solicitar autorización de acceso con antelación ou persoas con discapacidade, para o resto de casos non está permitido acceder con vehículos coa finalidade de protexer as nosas instalacións e coleccións. - Pódese visitar o Pazo dentro do recinto?
Actualmente o Pazo está pechado ao público debido a obras de reforma. Con todo, hai moitas outras áreas e coleccións fascinantes para explorar. - Podo acceder aos laboratorios, viveiros e invernadoiros durante a miña visita?
Esas áreas teñen acceso restrinxido para garantir a seguridade e a integridade das nosas investigacións. Con todo, durante as visitas guiadas proporcionarase información detallada sobre o traballo que se realiza nestas instalacións. - Cal é o horario telefónico de atención ao público para consultas?
A atención ao público para calquera consulta está limitada a días laborables de 10:00 a 14:30. - Existe algún servizo de cafetería ou restaurante dentro do Xardín Botánico?
Actualmente non existe servizo de cafetería ou restaurante dentro do recinto. - Que debo facer se quero realizar unha actividade educativa ou científica dentro do Xardín?
Para todas as actividades educativas ou científicas, é necesario contactar previamente co noso departamento correspondente para obter unha autorización. O correo de contacto é: infolourizan.mr [at] xunta.gal (infolourizan[dot]mr[at]xunta[dot]gal). - Pódese visitar o Xardín Botánico as fins de semana e os días festivos?
Si, todos os días do ano; con todo, recoméndase non visitalo os días con climatoloxía adversa, pois as árbores son seres vivos cuxos tecidos tamén se deterioran co paso do tempo e en tales condicións aumenta o risco de caída de ramas e das propias árbores, co perigo que iso conleva para os visitantes. - Hai algún baño de servizo?
Si, están sinalizados e atópanse nun lateral da parte baixa do Palacio, na cara onde está a Araucaria heterophylla e a Sophora japónica.
Desactivado