-
- Áreas
- Área de ecosistemas forestais e produtos forestais non madeirables (PFNM)
Área de ecosistemas forestais e produtos forestais non madeirables (PFNM)
Obxectivos
Achega continúa de información para mellorar o coñecemento dos distintos compoñentes dos ecosistemas naturais.
Avaliación da resposta do ecosistema fronte aos cambios nas condicións ambientais naturais ou debidos a alteracións antrópicas
Proposición de alternativas para a mellora silvícola, a conservación e a restauración co propósito de conseguir un desenvolvemento sostible do ecosistema que redunde na produción de bens e servizos para uso público.

Antecedentes
A investigación e coñecemento do medio natural galego foi unha constante desde a creación do Centro. Os ecosistemas forestais de Galicia, son especialmente ricos e diversos debido ao seu clima húmido e tépedo, o que favorece a existencia dunha gran variedade de flora e fauna. Entre os fitos máis destacados esta a creación en 1955, da rede de estacións meteorolóxicas que chegou a dispoñer de 43 estacións, hoxe en día dependentes de Meteogalicia, e que foi a base para a caracterización climática do monte galego. Así mesmo, o Centro dispón dunha colección de máis de 11.000 mostras de chans que representan amplamente a variabilidade das condicións edáficas dos nosos montes. No capítulo do coñecemento da flora vascular e micolóxica hai que sinalar que o Centro é depositario dos herbarios do P. Merino, de R. Areses e da Sociedade Botánica de Galicia e da micoteca cedida por M. Castro, que no seu conxunto conforman o herbario de Lourizán con máis de 45.000 pregos e que a maior parte das citas de novas especies ou subespecies botánicas realizadas para a flora galega xeráronse en traballos realizados ou auspiciados polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán. O propio arboreto de Lourizán é unha mostra viva útil para o recoñecemento da flora forestal galega e foránea de ámbitos xeográficos homólogos, así como da súa potencialidade de crecemento, para estudantes, profesionais, propietarios, forestais e demais persoas interesadas, que inclúe máis de 500 especies leñosas de todo o mundo
Liñas de investigación
- Estudar a adaptación e preservación dos ecosistemas forestais ao cambio climático e potenciar o coñecemento, uso racional e aproveitamento dos produtos forestais.
- Consolidar e desenvolver a liña de investigación que permitan coñecer e conservar os compoñentes da Biodiversidade de Galicia (incluíndo a conservación do Banco de Xermoplasma vivo de Lourizán).
- Prevención e adaptación das especies e as masas forestais ao cambio climático e secuestro de CO2 e a loita contra especies invasoras exóticas.
- Identificar as especies arbóreas máis apropiadas para adaptar os bosques ao futuro clima na zona atlántica.
- Mellora de técnicas silvícolas para unha produción forestal de máis calidade, tanto dos produtos maderables como os destinados os outros usos.
- Estimar os rangos de produción nos distintos métodos de resinación
- Estudar a influencia de variables dendrométricas, ambientais ou de alternativas técnicas.
- Comparar a riqueza da resina extraída en envase aberto fronte á obtida en envase pechado
- Avaliar a posible perda de crecemento da árbore resinada e a afección nos usos da súa madeira
- Comprobar a eficacia e as posibles limitacións dos distintos métodos