Acceso Herbario LOU

Acceso Herbario LOU

As coleccións científicas do CIF de Lourizán constitúen un patrimonio de incalculable valor que recolle unha ampla mostra da biodiversidade de Galicia. O centro custodia o Herbario LOU, que conta con máis de 92.000 pregos de plantas vasculares (fondos: B. Merino, X.R. García Martínez, Asociación BIGA, J. Baladró e propios), onde destaca a histórica colección do P. Baltasar Merino (base da Flora Descritiva e Ilustrada de Galicia), así como as achegas de Manuel Laínz e Gómez Vigide. Este fondo complétase coa Micoteca LOU-Fungi, de 21.000 pregos de fungos (fondos:  L. Freire, M. Castro e propios), e unha Zooteca, LOU-Arth que alberga máis de 1.000 caixas entomolóxicas (fondos: Asociación BIGA, R. Estévez, P. Cobos  e  propios), todas eles conservados en sistemas con control de humidade e temperatura para garantir a súa integridade científica.

O acceso a estas coleccións está estritamente restrinxido ao persoal investigador, técnicos e especialistas pertencentes a institucións científicas que xustifiquen un obxectivo de estudo concreto. A diferenza do Xardín Botánico, o herbario e as súas coleccións asociadas non están abertos ao público en xeral, co fin de preservar a seguridade dos exemplares. O centro ofrece servizos de consulta presencial e préstamo de pregos.

Normas de acceso Herbarium LOU

Solicitudes

Préstamos

Desactivado