Obxectivos, organización e reseña histórica do centro

 

Os nosos obxectivos

Na sociedade actual do coñecemento, é impensable un futuro desenvolvido e sostible para o sector forestal de Galicia alleo á investigación científica.

 

O noso Centro trata de axudar a ese futuro producindo unha investigación forestal útil ao conxunto da nosa comunidade. Coidamos que esa tarefa debe dar resposta os problemas do sector produtivo forestal apoiada nunha forte colaboración con el. Ao mesmo tempo, mellorar os bens intanxibles subministrados polos espazos forestais (biodiversidade, fixación do Carbono, dispoñibilidade de auga de calidade, conservación do recurso solo, paisaxe…), necesarios para o benestar de toda a comunidade, e asegurar a perdurabilidade, adaptabilidade e resistencia dos ecosistemas forestais fronte a factores de perturbación (cambio climático, incendios, doenzas e pragas). Ademais, esa investigación debe posuír unha calidade científica contrastada, xurdida dunha estreita interacción con outros centros de coñecemento nese mesmo ámbito e noutros.

 

Sobre a base do anterior, os nosos obxectivos actuais son:

 

Mellorar

Mellorar a produtividade e multifuncionalidade dos espazos forestais.

 

Incrementar

Incrementar a calidade dos bens, servizos e produtos forestais.

 

 

Promover

Promover a sustentabilidade da xestión dos recursos forestais.

 

Favorecer

Favorecer a sustentabilidade dos ecosistemas forestais fronte ás perturbacións.

 

 

Reseña histórica

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF) atópase na actualidade integrado na estructura da Subdirección Xeral de Innovación e Experimentación Agroforestal da Consellería do Medio Rural e Mar da Xunta de Galicia.

Creouse no ano 1943 coa denominación de Centro Rexional de Ensinanzas, Investigacións e Experiencias Forestais (CREIEF) e foi situado na Granxa da Serra e Touza, encravada na parroquia de Lourizán (imáxenes de 1954 da filmoteca nacional). A finca foi cedida a tal efecto pola Deputación de Pontevedra no ano 1943 para instalar o laboratorio de investigación ligado ó Instituto Forestal de Investigacións e Experiencias (IFIE). O Centro quedou integrado no Instituto Nacional de Investigación Agraria (INIA) no ano 1973; no 1984 foi transferido á Xunta de Galicia.

O Centro sitúase nunha finca de 52 Ha, localizada na vertente norte da Península do Morrazo, nunha bocarribeira aberta á Ría de Pontevedra, fronte á Illa de Tambo e da vila Combarro. Esta propiedade pertenceu inicialmente a D. Eugenio Montero Ríos quen, entre finais do século XIX e principios do XX, construíu un pazo, un invernadoiro e xardíns cunha importante influencia modernista. A finca ten tamén elementos arquitectónicos de épocas anteriores, como un hórreo de 1798 e una fonte de 1804. En anos posteriores fóronse construíndo novas edificacións para laboratorios, invernadoiros, e fixéronse tamén plantacións de especies forestais ligados todos ó seu uso actual como centro de investigación.

Durante a súa xa larga traxectoria o CIF Lourizán desenvolveu multitude de proxectos de investigación en moi diferentes áreas de investigación forestal, sendo un efectivo axente divulgador de ideas dinamizadoras do sector forestal, participando activamente en numerosas plataformas, foros e comités técnicos ligados ó mundo forestal en Galicia e fóra dela. Os seus investigadores tiveron un papel moi activo no inicio do asociacionismo dos propietarios forestais galegos e involucráronse dende o principio no desenvolvemento das ensinanzas universitarias forestais en Galicia, colaborando intensamente nos labores docentes e facilitando a realización de prácticas e teses doutorais e de máster nas seus instalacións. Tamén o CIF, a través das bolsas de formación de persoal investigador, foi un viveiro de investigadores e docentes que hoxe exercen o seu traballo noutras institucións dentro e fóra da nosa comunidade. Ademais, o CIF tivo un papel destacado na creación e expansión da Sociedade Española de Ciencias Forestais.

A transferencia dos resultados da investigación foi unha constante do CIF durante estes anos. Asesorouse á administración forestal, xestores, técnicos, viveiristas, propietarios e empresas forestais, a través de informes, atención a consultas, proxectos demostrativos, sitios experimentais, proxectos en colaboración, cursos e numerosas publicacións de todo tipo, así como mediante conferencias e colaboración en foros, congresos e talleres. Ademais, fixo unha extensa divulgación dos avances tecnolóxicos obtidos na investigación do eido forestal, efectuando tamén cesións de material xenético. Esas transferencias de tecnoloxía serviron ás veces para a creación de empresas e outras para a mellora dos seus procesos tecnolóxicos.

O CIF de Lourizán foi pioneiro no noso país no desenvolvemento e posta en práctica de numerosos produtos e tecnoloxías forestais. Algunhas das achegas máis destacadas foron o impulso á mellora xenética do piñeiro bravo (P. pinaster), a creación de pasteiros de mínima labra e a mellora xenética de especies pratenses nos anos 50, o desenvolvemento de fertilizantes forestais en pastilla, nos 60, a creación de modelos para estimar a calidade de estación de P. pinaster, a identificación de novas especies e variedades botánicas, a introdución de especies forestais con base científica, a obtención de clons de castaño resistentes a enfermidades e micorrizados, a identificación de novas enfermidades e pragas forestais e os seus tratamentos, a valorización e o impulso ao sector micolóxico, a creación de hortos produtores de sementes, a iniciación da silvopascicultura e o desenvolvemento da silvicultura preventiva de incendios, la caracterización de los combustibles forestais de Galicia e de modelos de predición de comportamento do lume, contribucións a mellora da sustentabilidade da xestión forestal, melloras silvícolas para a rexeneración de montes queimados, así como o desenvolvemento de novas técnicas para avaliar a severidade dos incendios e rehabilitar as áreas queimadas, entre outras.

O CIF de Lourizán esforzouse en establecer fortes relacións con centros similares de diferentes países a través de proxectos comúns, accións concertadas, laboratorios virtuais e estancias de investigadores. Isto permitiu aumentar a súa calidade investigadora ao participar nas últimas iniciativas innovadoras en diferentes campos de investigación forestal, destinadas a mellorar o desenvolvemento do sector forestal de Galicia.

Unha das características distintivas do CIF ao longo do tempo foi a vontade de manter unha ampla rede de dispositivos e parcelas de experimentación, dentro e fóra de Galicia para recoller unha ampla variedade de situacións que permitise obter resultados utilizables baixo un gran rango de situacións ambientais, tendo en conta o longo prazo de resposta das especies forestais e a ampla diversidade de ecosistemas existentes en Galicia.

Estatua presente na entrada do Pazo de Lourizán, no Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

 

Departamentos

Forest Protection Department Departamento de protección forestal

A investigación sobre protección forestal comezou a súa andaina nos primeiros anos da década dos setenta centrada sobre doenzas e pragas das especies forestais, e mais sobre micorrizas e cogomelos continuando ata recentemente. No eido dos lumes forestais a investigación principiou na segunda metade desa década, sendo o CIF pioneiro no noso país en achegar […]

Departamento de ecosistemas forestales Departamento de ecosistemas forestais

Achega continua de información para mellorar o coñecemento dos distintos compoñentes dos ecosistemas naturais. Avaliación da resposta do ecosistema fronte aos cambios nas condicións ambientais naturais ou debidos a alteracións antrópicas. Proposición de alternativas para a mellora silvícola, a conservación e [...]

Departamento de silvicultura e mellora Departamento de silvicultura e mellora

As actividades de investigación actuais teñen os seguintes obxectivos: Incrementaro coñecemento sobre a variabilidade xeográfica das poboacións de algunhas especies para planificar a conservación e o uso dos seus recursos xenéticos. Realizara mellora e a seleción de materiais de reprodución das especies forestais de interese para o bosque plantado. A caraterizacióndas variedades de castiñeiro orientadas [...]