
ANTECEDENTES
A investigación sobre protección forestal comezou a súa andaina nos primeiros anos da década dos setenta centrada sobre doenzas e pragas das especies forestais, e mais sobre micorrizas e cogomelos continuando ata recentemente. No eido dos lumes forestais a investigación principiou na segunda metade desa década, sendo o CIF pioneiro no noso país en achegar medios destinados a esa investigación de forma continuada. Inicialmente abordaranse os efectos do lume sobre a erosión do solo e sobre a rexeneración da vexetación forestal. Posteriormente tamén as técnicas de lume prescrito e outros tratamentos preventivos dos combustibles forestais. O estudo do comportamento do lume e do seu impacto sobre o arboredo e solo, recibiron así mesmo atención, xunto a rehabilitación e restauración das areas forestais queimadas. Máis recentemente, estase a abordar a utilización da biomasa forestal como fonte de enerxía.
Cabe destacar que esta Unidade vén colaborando estreitamente desde a súa creación con outros grupos de investigación, tanto nacionais coma doutros países europeos e de EEUU. O inicio desa colaboración foi un proxecto bilateral co USDA Forest Service (1985-89). Ata a data, esta Unidade participou ou coordinou 16 proxectos e accións concertadas dos programas europeos de investigación. Na actualidade está a funcionar unha Unidade Mixta de Investigación INIA-Xunta constituída por investigadores de incendios do CIF do devandito Instituto e desta Unidade do CIF. Tamén hai que subliñar o esforzo realizado na transferencia de resultados a través de numerosos cursos, talleres e seminarios con técnicos do sector tanto no eido dos lumes forestais coma fitopatoloxia e os cogomelos.
LIÑAS DE INVESTIGACIÓN
- #1
- #2
- #3
COMPORTAMENTO DO LUME E TRATAMENTOS PREVENTIVOS DE COMBUSTIBLES FORESTAIS
- Mellorar a nosa capacidade de predición do comportamento do lume para aumentar a seguridade dos combatentes e a eficacia dos medios na extinción.
- Incrementar a eficacia e a sostenibilidade da xestión preventiva de biomasa forestal.
- Cuantificar o risco e a vulnerabilidade das masas forestais a incendios de alta intensidade no marco da adaptación ao cambio climático.