As variedades e os seus polinizadores

Varieties and their pollinators

AS VARIEDADES E OS SEUS POLINIZADORES

Unhas cantas variedades con importancia recoñecida nas diferentes zonas dos soutos galegos (‘Amarelante’, ‘De Parede’, ‘Famosa’, ‘Garrida’, ‘Longal’, ‘Negral’, ‘Ventura’ e ‘Xudía’ ) e os seus polinizadores (‘Negral’, ‘Rapada’ e ‘Picona’) foron elixidas para plantar nos novos soutos da zona amparada pola indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia. Descríbense estas variedades e tamén outras variedades tradicionais moi produtivas ou con características da castaña moi apreciadas nas respectivas zonas de cultivo, como ‘Raigona’, ‘Luguesa’, ‘Inxerta’, ‘Branca’, ‘Puga de Afora’, ‘De Presa’ e ‘Loura’.

Zonas de uso tradicional das variedades

Táboa 1. Zonas de uso tradicional das dezaseis variedades enxertadas descritas.

Zona climática Variedade Zona de uso tradicional Rango de altitude (msnm)
Zona II: Interior norte e centro de Galicia ‘De Parede’ Montaña oriental de Lugo (Os Ancares, Folgoso do Courel) e Mariña de Lugo 550-750
‘Garrida’ Chantada e Taboada 300-600
‘Loura’ Centro de Galicia (A Ulloa, Chantada, Taboada e A Fonsagrada) 570-650
‘Luguesa’ Montaña oriental de Lugo, a Mariña de Lugo e as Fragas do Eume 200-750
‘Picona’ Becerreá, Samos e Triacastela 600-700
Zona III:Val do Sil ‘Branca’ Valdeorras (A Rúa e Larouco); Terra de Castro Caldelas e Quiroga 350-700
‘Negral’ Valdeorras (O Barco, Carballeda e Rubiá) 320-630
‘Raigona’ Valdeorras (Carballeda e Rubiá) 500-600
Zona IV: Serras orientais de Galicia ‘Amarelante’ Terra de Trives (Manzaneda) e Viana do Bolo 550-950
‘De Presa’ O Courel, Os Ancares e concellos limítrofes 700-800
‘Famosa’ Sueste Ourense (Gudiña, Riós e Vilardevós) 500-950
‘Inxerta’ O Bolo, Manzaneda e Viana do Bolo 570-930
‘Longal’ Sueste de Ourense (Gudiña, Riós e Vilardevós) 770-900
‘Puga de Afora’ O Bolo e Larouco 500-800
‘Rapada’ Este de Ourense (O Bolo, A Mezquita e Viana do Bolo) 530-950
‘Ventura’ Sueste de Ourense (A Gudiña e A Mezquita) 800-1000

 

Características produtivas e de calidade das variedades

Fig 1 Ourizos das dezaseis variedadesFig 3 Bico das castañas das dezaseis variedadesFig 5 Aspecto das castañas peladas das dezaseis variedadesFig 6 Seccións transversais das castañas amosando a importancia das penetracións do tegumento e dos ocos interioresFig 4 Tamaño do cú ou hilum das dezaseis variedadesFig 2 Aspecto das castañas das dezaseis variedades

 

 

Táboa 2. Descrición das dezaseis variedades por características produtivas e de calidade da castaña.

Variedade Data de produción Tamaño castaña Penetracións do tegumento Rebentado Produción Conservación Resistencia aos perforadores
‘Amarelante’ serodia medio poucas, superficiais moi baixo elevada moi boa moi resistente
‘Branca’ serodia medio poucas, superficiais moi alto elevada boa resistente
‘De Parede’ media pequeno poucas, superficiais baixo-moi baixo elevada moi boa moi resistente
‘De Presa’ media grande moitas, fondas moi baixo-medio baixa mala reducida
‘Famosa’ serodia grande poucas, superficiais moi baixo media mala reducida
‘Garrida’ serodia grande moitas, fondura media moi baixo baixa boa
‘Inxerta’ media grande moitas, fondura media moi baixo baixa boa resistente
‘Longal’ serodia medio inexistentes baixo-moi baixo baixa moi boa moi resistente
‘Loura’ media pequeno poucas, fondura media moi baixo media boa resistente
‘Luguesa’ temperá medio poucas, fondas moi baixo-baixo elevada boa resistente
‘Negral’ temperá medio poucas, fondura media moi baixo elevada moi boa moi resistente
‘Picona’ media media poucas, fondura media baixo media boa resistente
‘Puga de Afora’ media pequeno poucas, fondura media moi baixo baixa boa moi resistente
‘Raigona’ media medio poucas, superficiais moi baixo elevada moi boa moi resistente
‘Rapada’ media pequeno poucas, fondura media moi baixo elevada boa resistente
‘Ventura’ temperá pequeno poucas, superficiais moi baixo media boa moi resistente

 

Características dos polinizadores

As variedades pódense clasificar en catro tipos morfolóxicos segundo a lonxitude dos filamentos das anteras, característica esta relacionada coa cantidade de pole que conteñen as anteras

  • As candeas longiestaminadas teñen filamentos longos (> 5 mm) e producen moito pole. Gran parte dos castiñeiros bravos son deste tipo, pero hai moi poucas variedades con candeas longiestaminadas (Figura 7):
  • As candeas mesoestaminadas teñen filamentos máis curtos (3-5 mm) e producen cantidades variables de pole.
  • As candeas braquiestaminadas teñen filamentos moi curtos (
  • As candeas estaminoides, sen anteras, son totalmente estériles e caen prematuramente sen acabar de formarse.

Fig 7 Candea longiestaminada (a), mesoestaminada (b), braquiestaminada (c) e estaminoide (d)

 

Para unha boa produción de castaña é precisa a presenza de dúas variedades polinizadoras que cumpran os seguintes requisitos:

  • Deben ser produtoras de pole abundante, preferiblemente longiestaminadas. Entre as variedades recomendadas para as novas plantacións só a ‘Negral’ é longiestaminada; as demais variedades elixidas producen pouco pole (‘Amarelante’, ‘De Parede’, ‘Famosa’ e ‘Xudía’) ou ningún (‘Garrida’ e ‘Longal’). Outras variedades interesantes braquiestaminadas (por exemplo a ‘Raigona’, a ‘Inxerta e a ‘Luguesa’) non son tampouco grandes produtoras de pole, aínda que producen algún, especialmente as dúas últimas. En consecuencia, elixíronse outras tres variedades como posibles polinizadores; dúas delas, a ‘Picona’ e a ‘Serodia’, producen gran cantidade de pole; a ‘Rapada’ é de tipo mesoestaminado, pero tamén produce pole abundante. Na colección de variedades hai algunha variedade máis de tipo longiestaminado, como a ‘De Lemos’, que podería ser ensaiada como polinizadora.
  • Debe haber unha sincronización aceptable entre a emisión do pole, dende as candeas das variedades polinizadoras, e a receptividade das flores femininas das variedades produtoras. Os vectores do pole son o vento e os insectos. As variedades elixidas como polinizadoras difiren como moito en oito días nas datas de inicio da emisión do pole. As máis temperás son a ‘Serodia’ e a ‘Picona’; a ‘Negral’ é intermedia; e a ‘Rapada’ algo máis tardía. En canto ao inicio da receptividade das flores femininas, as diferenzas entre variedades alcanzan tamén uns oito días como moito; as máis temperás son ‘Rapada’ e ‘Ventura’; as variedades máis serodias son ‘Amarelante’, ‘Famosa’ e ‘Garrida’, que presentan unha sincronización mellor con ‘Rapada’ que cos outros polinizadores.De todos os xeitos hai dous feitos que indican que a falta dunha sincronización perfecta non constitúe un problema moi grave para a polinización. Un deles é que a receptividade dos estigmas mantense un período longo de tempo, dunhas tres semanas; o outro é que o pole mantén a súa viabilidade polo menos durante cinco semanas despois da súa emisión, aínda que se descoñece se as abellas e outros vectores do pole actúan cando as candeas están murchas.
  • Os polinizadores deben ter compatibilidade xenética coas variedades produtoras, característica que se determina mediante polinizacións controladas. Nas probas realizadas coas variedades galegas ‘Amarelante’, ‘Famosa’, ‘Longal’, ‘Negral’, ‘De Parede’, ‘Garrida’ e ‘Ventura’, demóstrase que as variedades ‘Picona’, ‘Serodia’ e ‘Negral’, todas elas longiestaminadas, teñen boa compatibilidade coas demais, motivo polo que estas tres variedades poden actuar como polinizadoras de todas as variedades probadas. Os mellores resultados obtéñense con ‘Picona’ e con ‘Serodia’. Só na variedade ‘Garrida’ se obtiveron mellores resultados coa ‘Negral’.