Recursos xenéticos

CONSERVACIÓN E MELLORA DOS RECURSOS XENÉTICOS FORESTAIS

Actividades financiadas por FEADER, Ministerio de Agricutura Alimentación y Medioambiente, Xunta de Galicia (Submedida 323.2.3).

Accións dirixidas á conservación e mellora xenética dos recursos forestais co fin de preservar a biodiversidade e evitar a súa degradación e o risco de desaparición de elementos senlleiros do patrimonio forestal galego mediante a recolección, conservación, caracterización, avaliación, documentación e divulgación do emprego dos recursos xenéticos.

As acción desenvoltas comprenden actividades en catro especies consideradas prioritarias: Pinus pinasterCastanea sativaPrunus avium yPinus radiata. En cada una das especies as actividades están centradas na creación de una Poboación Principal de Mellora composta por 100 a 200 individuos de calidade seleccionados nas poboacións galegas da especie e na Selección de una Poboación elite para a obtención de materais de reprodución mellorados a corto prazo. Outras especies nas que se están a desenvolver actividades son o bidueiro, o teixo, o piñeiro de Oregón, e a sequoia.

O obxectivo é o incremento da cantidade e calidade de madeira para a industria de primeira e segunda transformación como de produtos de consumo local para abastecer diferentes mercados de froitos como a castaña e a noz.

O material xenético seleccionase considerando carácteres adaptativos, resistencia as enfermidades e pragas, crecemento en volume e carácteres de calidade da madeira para as transformacións industriais.