INFORMACIÓN DE INTERESE

ANUNCIO DAS PRÓXIMAS ACTIVIDADES DE TRANSFERENCIA PREVISTAS PARA O ANO 2018

Adiantamos os títulos das actividades de transferencia que se realizarán no CIF de Lourizán durante o ano 2018

Coma anos anteriores, durante o ano 2018 terán lugar varias actividades de transferencia no CIF de Lourizán; os títulos das xornadas técnicas previstas son:

  • Especies arbóreas alternativas fronte ao cambio climático.
  • Crianza do porco celta nas carballeiras e soutos galegos.
  • O papel da madeira de piñeiro galego na construción en madeira.
  • Planta de calidade de piñeiro para as novas plantacións de Galicia.
  • Silvicultura e aproveitamento do piñeiro (Pinus spp.) en Galicia.
  • Árbores de cerdeira seleccionadas para uso forestal: colección de materiais, técnicas de propagación, crecemento en plantacións, transferencia de materiais aprobados e promoción de plantación e uso da madeira.
  • Taller sobre queima prescrita e comparación con outros tratamentos preventivos de incendios forestais
  • Xornadas técnicas sobre planificación de tarefas de rehabilitación urxente de áreas forestais queimadas

En datas próximas anunciaremos os días seleccionados para a realización de cada unha delas.