LOURIZÁN SONDEA O INTERESE DA INDUSTRIA FARMACÉUTICA POLA RESINA DO PIÑEIRO

LOURIZÁN SONDEA O INTERESE DA INDUSTRIA FARMACÉUTICA POLA RESINA DO PIÑEIRO

LOURIZÁN SONDEA O INTERESE DA INDUSTRIA FARMACÉUTICA POLA RESINA DO PIÑEIRO

O Centro de Investigación Forestal traballa na adaptación a Galicia dun método de extracción que podería duplicar a porcentaxe de trementina, a partir da que se sintetizan medicamentos de alto valor.

Os compostos volátiles da resina de piñeiro teñen un potencial por explotar. O resinado tradicional, por medio das picas de casca, logra unha miera con altas porcentaxes de sólidos, a chamada colofonia, e cunha baixa porcentaxe de trementina, a parte volátil. Esa resina está adaptada ós usos tradicionais da industria resineira, orientada á obtención de derivados da colofonia, pero se se lograse unha resina de maior calidade, con máis porcentaxe de trementina, podería aspirarse a novos usos, coma o farmacéutico, de maior valor engadido.

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán leva traballando un par de anos sobre esa hipótese. Lourizán estuda a adaptación a Galicia do método Borehole para lograr unha resina con maior porcentaxe da fracción volátil. O sistema Borehole afinado polo centro de investigación consiste en practicar uns buratos na base do tronco aos que se lle conectan envases de poliuretano para recoller a resina.

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán contactou con industrias farmacéuticas para valorar se terían interese na resina obtida co método Borehole. “Trátase dunha resina que ten o dobre de trementina que a convencional e que ademais logra unha trementina con maior porcentaxe de alfapinenos, dos que se obtén a verbenona”, detalla Enrique Martínez, o director do centro.

No seguinte enlace poden ler a noticia ao completo:

http://www.campogalego.com/forestal/lourizan-sondea-o-interese-da-indus…