Vostede está aquí

PRIMEIRAS PLANTACIÓNS EN CAMPO CON PIÑEIRO DO PAIS RESISTENTE AO NEMATODO

PRIMERAS PLANTACIONES EN CAMPO CON PINO DEL PAIS RESISTENTE AL NEMATODO
20 Decembro, 2021

O departamento de Mellora xenética e silvicultura estableceu os dous primeiros ensaios de investigación en campo con planta procedente dos proxenitores de familia resistentes ao nematodo do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus.

Dentro do marco da Acción de Cooperación AC2020-10 cofinanciada polo Feader nun 75% e a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria ( AGACAL), o Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIFL) realizou dúas plantacións, unha en colaboración coa Asociación Forestal de Galicia (AFG) e a Comunidade de Montes de Soutelo (Salceda de Caselas) e situada nos terreos desta comunidade, e outra, situada en Padrón, en colaboración con Finsa. O obxectivo destes ensaios é estudar o comportamento deste material mellorado xeneticamente e que mostrou ter unha supervivencia ao nematodo superior ao 78% en ensaios de invernadoiro. Para iso, plantouse xunto con outros materiais mellorados, tanto españois como estranxeiros, así como con outros non mellorados, pero plantados habitualmente en Galicia.