Historia

Antecedentes históricos
 

O Xardín Botánico de Lourizán foi creado no ano 1949 baixo a denominación de Arboreto cun obxectivo de investigación e experimentación e, ao mesmo tempo, cunha finalidade didáctica e recreativa.

O Xardín Botánico xunto co Centro de Investigación Forestal de Lourizán sitúanse nunha finca de 52 Ha, situada na vertente norte da Península do Morrazo, nunha bocarribeira aberta á Ría de Pontevedra, en fronte á Illa de Tambo e de Combarro. A finca, previamente denominada a Granxa da Serra, foi adquirida pola Deputación Provincial de Pontevedra ós herdeiros de D. Eugenio Montero Ríos en 1941. A actual estrutura da finca é a suma dos seus sucesivos usos, comprendendo elementos moi interesantes como son o hórreo e a aira procedentes do seu período como Granxa da Serra; o pazo, o invernadoiro e os xardíns construídos por Montero Ríos entre finais do século XIX e principios do XX, cunha importante influencia modernista; e, finalmente, edificacións e plantacións ligadas ó seu uso actual como centro de investigación. Compoñentes destacados do Xardín de Montero Ríos son O Invernadoiro, A Mesa de Pedra, O Parque das Rías e A Cova dos Espellos.
 

Jardín
Jardín
Jardín
Jardín
Jardín
Jardín
Jardín
Jardín
Jardín
Jardín
Jardín
Jardín
Jardín