-
- Actualidade
- Novas
- ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN: DÍA EUROPEO DOS XARDÍNS HISTÓRICOS
ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN: DÍA EUROPEO DOS XARDÍNS HISTÓRICOS
ACTIVIDADES DE DIVULGACIÓN: DÍA EUROPEO DOS XARDÍNS HISTÓRICOS
Achegándose o Día Europeo dos Xardíns Botánicos, dentro das actividades de divulgación, o pasado 27 de marzo, un grupo de nenos/as do “Colexio A nosa Señora dos Dolores (Dorotea)” de Pontevedra, realizaron unha visita guiada polo Xardín Botánico de Lourizán, na que participou persoal especializado do Centro de Investigación Forestal, percorrendo diferentes partes do Xardín Botánico, como o Pombal, o Parque das autonomías e o Invernadoiro de cristal.
O día anterior, un grupo de persoas de Luxemburgo tamén realizaron unha visita guiada polo Xardín Botánico de Lourizán, ao redor do Palacio e deténdose fronte algunhas árbores catalogadas como singulares.