CAROLINA URCERA MARTINS, GAÑADORA DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “O XARDÍN BOTÁNICO DE LOURIZÁN”

CAROLINA URCERA MARTINS, GAÑADORA DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “O XARDÍN BOTÁNICO DE LOURIZÁN”
CAROLINA URCERA MARTINS, GAÑADORA DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “O XARDÍN BOTÁNICO DE LOURIZÁN”

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán xa ten gañadora para o seu concurso de fotografía “O Xardín Botánico de Lourizán”. A imaxe presentada por Carolina Urcera Martins foi a elixida, destacando pola súa sensibilidade estética e a súa capacidade para capturar a esencia do xardín botánico. 

O xurado tamén recoñeceu o talento de Iván de Rada e Guadalupe Teijeiro Ramos, quen foron seleccionados como finalistas do concurso. 

Como premio, Carolina Urcera recibirá un lote de libros especializados e unha planta forestal, mentres que os finalistas serán obsequiados cunha planta como recoñecemento á súa participación e calidade fotográfica.

Con esta iniciativa, o Centro de Investigación Forestal de Lourizán busca poñer en valor a riqueza natural do xardín botánico e fomentar a conexión da cidadanía coa contorna forestal galega a través da arte e a fotografía.