INCORPORACIÓN DA ARAUCARIA ANGUSTIFOLIA DO XARDÍN BOTÁNICO AO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA

No Diario Oficial de Galicia do 16 de decembro publicouse a resolución pola que se incorporan ao Catálogo galego de árbores senlleiras oito novos elementos, entre elas unha araucaria (Araucaria angustifolia) localizada no Xardín Botánico de Lourizán.

No parque das Rías atópase esta araucaria de grandes dimensións (ronda os 35 metros de altura e un perímetro de 3,19 metros). A copa, debido á competencia con outros exemplares, ten unha forma irregular, cunha proxección aproximada de 140 m2 sobre o chan, e estímase que uns 130 anos.

Este exemplar ten un grande interese ornamental e estético, dada a peculiar forma do seu tronco coma unha pata de elefante, pero tamén histórico pola vinculación con este lugar, e botánico, posto que foi un dos primeiros exemplares desta especie que chegaron ás nosas latitudes.

Este novo exemplar súmase ás sete árbores e unha formación senlleiras xa incluídas no catálogo presentes no xardín do Pazo.