O CIF LOURIZÁN E O GRUPO DE INNOVACIÓN DIXITAL DATALIFE ESTÁ A DESENVOLVER, NO MARCO DO PROXECTO HISPANO-LUSO HIBA+ (HUB IBERIA AGROTECH), UNHA FERRAMENTA PARA O SECTOR FORESTAL BASEADA NO USO DE ETIQUETAS DIXITAIS E SENSORES PARA MONITORIZAR ENSAIOS

O CIF LOURIZÁN E O GRUPO DE INNOVACIÓN DIXITAL DATALIFE ESTÁ A DESENVOLVER, NO MARCO DO PROXECTO HISPANO-LUSO HIBA+ (HUB IBERIA AGROTECH), UNHA FERRAMENTA PARA O SECTOR FORESTAL BASEADA NO USO DE ETIQUETAS DIXITAIS E SENSORES PARA MONITORIZAR ENSAIOS
Lourizan

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán e DataLife están a dar un paso adiante na innovación forestal coa presentación dunha nova ferramenta baseada en etiquetas RFID (identificación por radiofrecuencia) e sensores para monitorizar árbores. Este luns, nas súas instalacións, revelouse unha aplicación que permite desde identificar árbores con etiquetas dixitais, ata coñecer en tempo real variables como, o   diámetro normal, ou as necesidades para a optimización da rega e o uso de fertilizantes en ensaios ou coleccións de alto valor xenético ou forestal.

A tecnoloxía, desenvolta polo grupo de innovación dixital DATAlife no marco do proxecto hispano-luso HIBA+ (Hub Iberia Agrotech), utiliza sensores para recoller datos do chan, o ambiente e as propias árbores. Estes datos poden ser de moito interese para mellorar a xestión non só dos ensaios indicados, senón de plantacións forestais, reducindo custos e optimizando recursos. Na presentación, Mercedes Rois Díaz do XERA (Axencia Galega dá Industria Forestal e Enríque Martínez Chamorro do CIF Lourizán destacaron a importancia desta ferramenta poden ter para o futuro da silvicultura.

A primeira proba realizouse con 180 clons de cerdeira, utilizando etiquetas de radiofrecuencia para identificar e monitorizar cada árbore. Este método supera ao antigo sistema de chapas, permitindo unha lectura máis eficiente e resistente ás condicións meteorolóxicas. Juan Carlos Moral González de NEWMIND tamén explicou como os sensores recollen unha gran cantidade de datos, como a tensión hídrica do terreo, PH, e NPK do chan, o que axuda a coñecer as necesidades das plantacións forestais.

Sergio Frade Castro, do CIF Lourizán, subliñou que esta ferramenta permite xestionar os ensaios que o centro de investigación ten ao longo de toda Galicia de maneira remota, facilitando a observación de rozas e biomasa mediante imaxes satelitais, cruciais para a prevención de incendios. Segundo Javier Doval Núñez de DATAlife, esta innovación potenciará a capacidade de investigación aplicada sobre o terreo.

O proxecto HIBA+, busca fortalecer os ecosistemas locais de innovación tanto no ámbito agrario como forestal.

Durante a xornada, destacouse como esta tecnoloxía pode implementarse noutras parcelas, mellorando a rastrexabilidade e a xestión forestal nun contexto de transición dixital. Ademais, deixouse clara a vontade de todas as partes involucradas de colaborar e avanzar nestes desenvolvementos tecnolóxicos.