PROXECTO LIFE-SILFORE. VISITA TÉCNICA DOS SOCIOS Á PARCELA DE OSMO (CENLLE, OURENSE) E NOVO LOTE DE ANIMAIS NA PARCELA DE RIBEIRA DE PIQUÍN (LUGO)

PROXECTO LIFE-SILFORE. VISITA TÉCNICA DOS SOCIOS Á PARCELA DE OSMO (CENLLE, OURENSE) E NOVO LOTE DE ANIMAIS NA PARCELA DE RIBEIRA DE PIQUÍN (LUGO)
proxecto LIFE-Silfore “Cara á conservación e xestión de sistemas agroforestais resilientes a través do silvopastoralismo”

O proxecto LIFE-Silfore “Cara á conservación e xestión de sistemas agroforestais resilientes a través do silvopastoralismo” está enfocado na procura de novos métodos para lograr que as masas forestais das zonas atlánticas e subatlánticas sexan máis resilientes ao cambio climático; centrado na aplicación de medidas silvopastorales para previr incendios forestais, aumentar a biodiversidade e promover o desenvolvemento da economía rural.

Para a realización deste proxecto constituíuse un consorcio de 5 socios: Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemento Agrario (NEIKER), Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), Instituto Politécnico de Bragança (IPB, Portugal), Servizo Rexional de Investigación e Desenvolvemento Agroalimentario do Principado de Asturias (SERIDA) e Universidade de Santiago de Compostela. Para lograr os obxectivos do proxecto instalouse unha rede de 11 demostradores no norte de Portugal, Galicia, Asturias e Euskadi.

O venres 19 de abril os socios do proxecto LIFE-Silfore visitaron un dos demostradores incluídos no proxecto, o situado en Osmo (Cenlle, Ourense). Esta parcela é propiedade da empresa familiar CienporCel (https://www.cienporcel.com), a cal se dedica á cría da raza autóctona porco celta a través dun sistema silvopastoral baixo un arboledo de carballo e castiñeiro. Nesta visita os socios puideron observar como é o día a día da explotación, os retos que expón e as vantaxes da cría de porco celta cun sistema silvopastoral. Nesta visita tamén participou a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (ASOPORCEL, https://asoporcel.es

O proxecto LIFE-Silfore inclúe outro demostrador, Ribeira de Piquín, de cría de porco celta cun sistema silvopastoral, pero baixo arboledo de piñeiro. A xestión desta parcela é municipal a través da Fundación TerrEO. Neste demostrador o pasado 8 de maio introduciuse un lote de 58 animais para iniciar un novo ciclo de cría.

Más información sobre o proxecto LIFE-Silfore en https://neiker.eus/neiker/silfore.