Publicación de traballo no XIV Congreso Ibérico sobre Recursos Xenéticos Animais

Publicación de traballo no XIV Congreso Ibérico sobre Recursos Xenéticos Animais
Publicación de traballo no XIV Congreso Ibérico sobre Recursos Xenéticos Animais

O investigador da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Roberto Besteiro Doval, do equipo do proxecto LIFE-SILFORE, participou os días 12, 13 e 14 de setembro no XIV Congreso Ibérico de Recursos Xenéticos Animais celebrado na localidade portuguesa de Vila Real. Coa publicación do traballo “Axuste de curvas de crecemento mediante modelos mixtos non lineais en animais de porco celta criados en sistemas silvopastoriles” o autor compartiu coa comunidade científica, asociacións de criadores de razas autóctonas e gandeiros aspectos relacionados coa velocidade de crecemento de os animais do Porco Celta criados no marco do proxecto Life SILFORE na unidade demostrativa situada no concello de Ribeira de Piquín (DEMO-9). Neste foro tamén se trataron temas como a conservación e selección de razas autóctonas, os sistemas alternativos de produción, a posta en valor dos recursos zooxenéticos ou a caracterización xenética e produtiva das devanditas razas, entre outros.