Seminario “Ferramentas para unha xestión silvopastoral avanzada”

Seminario “Ferramentas para unha xestión silvopastoral avanzada”
Seminario “Ferramentas para unha xestión silvopastoral avanzada”

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), a través do CIF Lourizán, participa no proxecto LIFE-Silfore “Cara á conservación e xestión de sistemas agroforestais resilientes a través do silvopastoreo e das razas gandeiras autóctonas”. Neste proxecto deséñase unha rede de áreas demostrativas de uso silvopastoral na zona noroccidental da Península Ibérica. A monitorización de parámetros medioambientais e socioeconómicos aportará información ampla, variada e útil para os diferentes axentes sociais implicados, aos que vai dirixido o presente seminario: forestais, gandeiros, técnicos da administración, así como diferentes axentes interesados no potencial do manexo silvopastoral para enfrontarse ao cambio climático. Javier Silva Pando, investigador do CIF Lourizán, actuará como moderador deste seminario.

Data: 18 de abril 2024, de 16:00 a 18:00

Lugar: LUGO. Edificio CACTUS, Campus Terra. Universidade de Santiago de Compostela (USC), Lugo.

Modalidade: Presencial ou online

Inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSctdmI8RoQaEciIlDeQw4fVaP1dALlzbAqzMtN-fCIC0hg-LQ/viewform

Programa:

16:00-16:20. A tecnoloxía LiDAR aplicada ao estudio da estrutura da vexetación en sistemas silvopastorais. João Paulo Castro (IPB)

16:20-16:40. Desenvolvemento dunha ferramenta para a estimación da carga gandeira en función do sistema forestal (incluído o sotobosque). Rosa Mosquera (USC)

16:40-17:10. Estudio do comportamento animal en pastoreo extensivo mediante a utilización de GPS. Ainhoa Urkijo (NEIKER) e Rafael Celaya (SERIDA)

17:10-17:30 Ferramenta informática para a cuantificación da fixación del C en sistemas silvopastorais. Rosa Mosquera (USC)

17:30-18:00 Quenda de preguntas