-
- Actualidade
- Novas
- XORNADA DE PRESENTACIÓN DO GRUPO OPERATIVO PLANFORLAB
XORNADA DE PRESENTACIÓN DO GRUPO OPERATIVO PLANFORLAB
XORNADA DE PRESENTACIÓN DO GRUPO OPERATIVO PLANFORLAB
Celebrouse no CIF de Lourizán a xornada de presentación do Grupo Operativo PLANFORLAB, que contou ca presenza do Director da Axencia Galega da Industria Forestal.
O proxecto está en liña con outros que se están a desenvolver dende o centro e da respostas ás necesidades dos silvicultores, propietarios de terreos forestais e da sociedade galega en xeral.
PLANFORLAB é un grupo operativo que ten como obxectivo mellorar a saúde e a produtividade dos bosques de coníferas mediante a aplicación de innovacións en material xenético (Material Forestal de Reprodución, MFR) e selvicultura adaptativa, utilizando o concepto de bosque laboratorio. As innovacións do proxecto permitirán aos montes de coníferas enfrontarse mellor ás pragas, enfermidades e o cambio climático, o que supoñerá un alto beneficio para os produtores de madeira ao producirse unha mellora na calidade desta e asegurar a sustentabilidade económica das plantacións. O proxecto centrarase no desenvolvemento e uso de plantas melloradas das especies Pinus pinaster, Pinus radiata e Pinus sylvestris, reproducindo ou amplificando material forestal innovador para obter plantas de alta calidade xenética que se instalarán en parcelas de ensaio dentro dos bosques laboratorio.
Máis información: https://planforlab.es/