BIO-TEAMS

BIO-TEAMS
Bioherbicidas: Transporte e efectos de aleloquimicos na microbiota e mesofauna do solo en sistemas de cultivo
Tipo de proxecto
Investigación
Organismo financiador
Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades (PID2023-147687OB-I00)
Entidades participantes
Universidade de Vigo, Centro de Investigación Forestal de Lourizán, Universidade Complutense de Madrid
Período
2024 - 2027
Equipo de investigación
Investigador principal
José Eugenio López Periago e Nuria Pedrol Bonjoch
Resumo

En resposta ás demandas de fitocidas naturais que teñan novos mecanismos de acción e sexan máis respectuosos co medio, a Universidade de Vigo deseñou e formulou un bioherbicida que combina diferentes especies vexetais con biomasa alelopática (eucalipto, xesta e menta).

O obxectivo xeral do proxecto é cuantificar os procesos que regulan a actividade dos compostos bioactivos deste bioherbicida e os seus efectos sobre as plantas, a microbiota do solo e a mesofauna. A metodoloxía céntrase en explorar o transporte dos compostos orgánicos volátiles e fenólicos bioactivos a través do sistema solo-aire-auga-planta e o impacto que poidan ter sobre a biota do solo.

O CIF de Lourizán participará na caracterización previa dos solos obxecto de estudo e nos ensaios en invernadoiro que inclúen, ademais do seguimento dos efectos do bioherbicida na xerminación e o crecemento de malas herbas, a avaliación dos seus posibles efectos secundarios. As tarefas estarán centradas no estudo dos efectos que o bioherbicida poida ter sobre a diversidade e a funcionalidade dos invertebrados edáficos, como indicadores da calidade do solo. Con este proxecto, o CIF amplía as súas liñas de investigación pero dentro do obxectivo común de lograr unha xestión eficiente e respectuosa da biomasa vexetal. Ademais, o proxecto pode contribuír ao Observatorio Mundial da Biodiversidade do Solo (GLOSOB) dentro da Alianza Mundial polo Solo (GSP) da FAO, proporcionando datos e información sobre a biodiversidade do solo que poida orientar na toma de decisións baseada en probas.

Descargar