PROXECTO ENFIRES

PROXECTO ENFIRES
Mellora da resiliencia aos incendios dos bosques
Tipo de proxecto
Investigación
Entidades participantes
Centro de Investigación Forestal de Lourizán (AGACAL), USC, Universidade de Vigo, INIA-CIFOR, Universidade de Castela-A Mancha, Universidade de Córdoba
Período
1/09/2021-31/08/2023
Equipo de investigación
Resumo

Convocatoria: Programa Estatal de I+D+i 2017-2020 proxectos orientados aos Retos da Sociedade, RTA. Axencia Estatal de Investigación, INIA

Orzamento: 123.420€ (CIF Lourizán)

Resumo e obxectivos:

    A definición de novos criterios para definir a severidade en Eventos Extremos de Lume e o uso do lume como ferramenta de xestión.
    A caracterización da vulnerabilidade dos ecosistemas mediterráneos a través dunha visión ecolóxica e socioeconómica.
    O deseño de aproximacións para incrementar a resiliencia da paisaxe mediante o coñecemento e a provisión de servizos ecosistémicos.
    A definición das variables que condicionan en maior medida a ocorrencia de Eventos Extremos de Lume en Living Labs ou áreas piloto de estudo.
    A xeración de ferramentas analíticas para a avaliación da vulnerabilidade e a resiliencia.
    Manual de recomendacións de xestión forestal e directrices políticas para incrementar a resiliencia no noso territorio.

Descargar